Reúnense neste volume catro pezas da dramaturga británica CarylChurchill, autora que destaca pola variedade formal da súa obra,partindo sempre dunha ollada crítica. Son textos que de formapermanente nos mostran como as relacións de poder manteñen ou provocan situacións de dominación e submisión. Escritas en momentos diferentes e con rexistros igualmente diversos, estas catro pezas poñen demanifesto a riqueza enorme da escritura dunha autora fundamental noteatro do século XXI.O sétimo ceo. Mozas de primeira. Lonxe. De serie