LOSA, MANUEL / LOSA ROCHA, MANUEL
O gran coñecedor do mundo do libro que é Manuel Losa achéganos unhaobra sobre a vida de catro galegos na diáspora, distintos entre sipero queteñen unha raíz común. Dous deles, Crestar e Montoya, cunhavinculación moi importante coscentros culturais da súa época. Crestar, actuando ademais en formadestacada no aspecto político. Os outros dous, Martínez e García,emigrantes cunha vida que xirou en torno ao mundo laboral.Dúas das historias contadas nestas páxinas, as de Isidoro García eEduardo Martínez, desenvólvensea partir da década de 1950. Pola súa banda, as outras dúas, as deAntón Crestar e José Lage, son de época anterior, o primeiro vinculado co galeguismo, tivo estreita relación con Castelao, Suárez Picallo,Xesús Canabal, Manuel Meilán, Lois Tobío, Alfredo Somoza e outrosdestacados galeguistas e republicanos, e propiciou unha actividadeintensa e de grande relevancia en tempos da Guerra Civil e aposguerra. Participando tamén, de forma sobranceira, na vidaartística, parte do libro céntrase na historia do bailarín Xosé Lage,coñecido polo seu nome artístico, Pepe Montoya.A través das biografías de catro homes, o autor relata unha partesubstancial desa epopea, do destino dos galegos que tiveron queprocurar un país de adopción na América do Sur. Velaquí a historia deAntón Crestar Faraldo, Xosé Lage Sierra "Pepe Montoya", EduardoMartínez Filgueira "O Cañotas" e Isidoro Manuel García García