O marqués mozo de Sévigné solicita de Ninon a súa tutela para que odirixa en cuestións de galantería na súa entrada en sociedade.Ninon acepta e a partir de aí inicia unha correspondencia na que llevai explicar o mellor modo de tratar coas mulleres e comoseducilas, ditándolle a súa conducta e instruíndoo nas debilidades,patoloxías e segredos do corazón destas, aínda que iso supoña,como ela di, traizoar o seu sexo.Estas cartas lense coma se fosen unha novela xa que ao longo dostextos observamos o avance ou o retroceso do mozo Sévigné na súaconquista, os seus fracasos e os seus triunfos. Ninon é coma unhamestra amábel e risoña. Non se enfada, búrlase amabelmente domarqués e dos seus contratempos e axitacións. Esta correspondencia que forman un total de oitenta cartas, das que traducimos nestevolume corenta, foi recollida por Damours e publicada de maneirapóstuma por primeira vez en 1750 por Crébillon fillo, célebre autordramático e membro da Académie Française.O estilo das cartas é simple e directo. En xeral informal e elegantepola súa sobriedade. Ninon fai gala dun fino sentido do humor eutiliza unha lingua rica e coidada, adaptada á súa visión naturalistado amor.