Velaquí o primeiro volume, que abrangue de 1905 a 1950, dunhacorrespondencia que o escritor e a súa nai manteñen durante máis decincuenta anos. Documento fundamental, en 'Cartas á nai' Ramón OteroPedrayo fala sen intermediarios. Porta aberta á intrahistoria máissincera e persoal, estes textos contribúen a desvelar a vida cotiámais tamén as angueiras, proxectos, pensamentos, traballo eactividades dunha das figuras intelectualmente máis atractivas daGalicia contemporánea.