CANTARES DE AMIGOS

CANTARES DE AMIGOS

ESTUDOS EN HOMENAXE A MERCEDES BREA

$73.900
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
(038).UNIV.SANTIAGO COMPOSTELA.USC
Año de edición:
Temática
Estudios literarios
ISBN:
978-84-16533-69-5
Páginas:
956
Encuadernación:
Rústica
Idioma:
GALEGO
Dimensiones:
240x170
$73.900
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Catedrática de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago deCompostela, a figura de Mercedes Brea constitúe un referenteinternacional na súa especialidade. Sobrancea, ademais, no mundoacadémico por distinguidos méritos tanto de xestión como deinvestigación. Entre outros cargos desenvolvidos, cómpre subliñar quefoi vicerreitora de Profesorado, decana da Facultade de Filoloxía edirectora do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.Coordinou a Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares, que convocou en suxestivos proxectos comúns a medievalistas galegos especializados en distintas áreas (filoloxía, historia medieval e historia da arte). É cabeza e corazón do GI-1350, grupo de investigación competitivo edinámico no que promove todo tipo de iniciativas consagradas áfiloloxía e literatura románica medieval.A través dunha estreitacolaboración co Centro Ramón Piñeiro para a Investigación enHumanidades estimulada por Mercedes Brea, Galicia e a universidadecompostelá téñense situado na vangarda nos estudos de lírica galegamedieval, primeiro coa publicación dos dous volumes da Lírica ProfanaGalego-Portuguesa e, seguidamente, coa creación da Base de datos MedB, que puxo ao dispor de toda a comunidade científica o corpus completoinformatizado das cantigas profanas, proxecto no que Brea continúa atraballar de xeito infatigable e sempre con espírito innovador. O seumaxisterio callou na dirección de numerosas teses de doutoramento e,como docente vocacional preocupada pola transmisión do saber, a súaentrega e dedicación é unanimemente recoñecida por infinidade depromocións. Brillante e meticulosa, emprendedora e decidida,calculadamente ousada, paciente e xenerosa, Mercedes Brea recibe nopresente volume os traballos dunha parte dos seus colegas e discípulos como testemuño de afecto, recoñecemento e gratitude á mestra e áamiga.