CANDO OS ANIMAIS FALABAN

CANDO OS ANIMAIS FALABAN

CEN HISTORIAS DAQUEL TEMPO

$61.316
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
XERAIS EDICIONS
Año de edición:
Temática
Libros juveniles
ISBN:
978-84-8302-907-7
Páginas:
128
Encuadernación:
Cartoné
Idioma:
GALEGO
Peso:
718
Dimensiones:
255x235
$61.316
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Cando os animais falaban é un tempo mítico en que se sitúan un grandenúmero de contos populares, de sucesos fantásticos e marabillosos,sobre todo protagonizados por animais, coma os cen que se recollenneste volume preparado por Xosé Miranda e Antonio Reigosa. Ese tempomítico pérdese na noite dos tempos e lévanos a unha época remotísima,de aí que esta frase apareza como fórmula de entrada de contos erelatos, sobre todo dos contos de animais e dos contos marabillosos ede maxia, moi similar a outras ben coñecidas como "Erase unha vez","Desta era" ou "Nos tempos de Maricastaña".O cento de contos que serecollen neste volume, cada un deles ilustrado fermosamente a toda cor por Andrés Meixide, están tirados todos eles da tradicón oral galega, todos eles refírense ós tempos primitivos, os tempos da creación,cando se decidiu que as cousas fosen como son, que o carrizo fosepequeno, que a silveira dese amoras e que a cobra non tivese patas.Son contos populares que explican, a súa maneira, por que as cousasson dese xeito e non doutro. Neste libro, singularmente fermoso,quedan explicadas a orixe e a causa de moitos fenómenos naturais econductas humanas: ¿Por que os corvos non son fachendosos?, ¿Por que a andoriña é un paxaro que trae sorte?, ¿Por que o moucho chama semprepolos bois?, ¿Por que os paxaros fan niño?, ¿Por que no inverno non se ve o cuco? ¿Como se alimentan as follas das árbores? Son algunhas das preguntas que se responden neste volume, cuestións que quedanexplicadas dun xeito tan inxenuo e plástico como fermoso. Un libroimprescindible para coñecer e gozar e rir cos nosos mitosfundacionais, que poden compararse cos de calquera outro pobo domundo.

Otros libros del autor

  • Titulo del libro
    A FLOR DA AUGA
    MIRANDA, XOSE / REIGOSA, ANTONIO
    Sujeto Disponibilidad de Proveedor

    $33.738

  • Titulo del libro
    ARREPÍOS E OUTROS MEDOS
    MIRANDA, XOSE / REIGOSA, ANTONIO
    Sujeto Disponibilidad de Proveedor

    $33.738