FREYRE, XE / FREIRE SANCHEZ, XOSÉ RAMÓN
Ninguén tiña a Gaspar Soutullo de Batitalas e Combarro por home de bosiso. Algúns dicían que certas quenturas sufridas cando neno lledeixaran como espetada entre as cellas unha eiva que lle privaba rexer ben, outros eran do parecer de que a fonte dos seus males viña demáis atrás, do mesmo nacemento, cando á parteira da Senra lleesborrexera o meniño e esnafrara contra o chan do dormitorio do pazoda Rúa Nova, e el mesmo, Gaspar Soutullo de Batitalas e Combarro,consciente ata certo punto da súa excentricidade, entendía que coaquel do seu nome non se podía ser doutra lei. Aínda así, se nalgunhacousa uns e outros estaban de acordo, era en que un algueiro se lleatravesara nos miolos e non lle deixaba caletrar de xeito.