A aparición deste texto na nosa lingua en 1951 supuxo un acontecemento editorial de primeira orde, tanto polo interese literario dos poemascomo pola novidade da publicación dunha obra destas características no ámbito da cultura galega. Desde entón, este fermoso cancioneiro, quemoi pronto se convertiu nunha xoia bibliográfica, era buscado pormoitos lectores que o puideron atopar nesta segunda edición.