Os membros da Red Temática de Investigación «Las LiteraturasInfantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano» (LIJMI)reúnen neste volume, baixo o título «Camiño e peregrinacións na LIX(Compostela no horizonte)», unha serie de traballos centrados en comoo Camiño e a peregrinación teñen presenza e influencia nas literaturas infantís e xuvenís do marco ibérico e iberoamericano. As achegasincluídas correspóndense con análises que parten de diferentes puntosde vista e espazos xeográficos, porén, nelas destácanse obras infantís e xuvenís que se centran no Camiño a Compostela a partir dasdiferentes rutas que o compoñen. Amais das panorámicas dos diferentesámbitos ibéricos e iberoamericanos, os profesionais da mediación e opúblico interesado poden atopar neste volume unha selección de obrasque destacan pola súa calidade, alén de comentarios críticos dalgunhas delas co fin de facilitarlles o labor á hora de educarliterariamente.