A existencia dramática dun emigrante galego nas terras arxentinas daPlata e a Patagonia, narrada cunha linguaxe de incomparable belezaexpresiva. Esta novela relata a aventura humana dun emigrado galego na Arxentina. Escrita en primeira persoa, ofrécenos a visión do mundo do protagonista, un home xa na vellez que vai reconstruíndo na memoriamoitos anacos da súa vida, na que abundan os acontecementos dramáticos e os xestos que nun segundo marcan para sempre a existencia dunindividuo.