TENIENTE LAGO, XAVIER / GUILLERMO, XOSE / TENIENTE, XAVIER
O fotógrafo Xavier Teniente e o pintor Xosé Guillermo, recentementedesapareci-do, desenvolveron en Cabalos de vento. Curros de pedra uninédito proxecto de creación visual: o de recoller en fotografía edebuxos a xornada dun curro. O resultado é este formidable eimpactante volume de coidadísima edición, onde as fotografías enbranco e negro de Teniente dialogan cos debuxos, iconos e textospoéticos de Xosé Guillermo reflectindo toda a fermosura do negroacibeche destes cabalos de vento. Dende a xuntanza das greas namañanciña da fin de maio, baixo as néboas escuras e grises, até astarefas de besteiros e aloitadores cando se espreguiza a tarde, estelibro constitúe unha das testemuñas máis fermosas que se teñan feitonunca sobre o mundo do cabalo en Galicia e a cultura da rapa dasbestas.