A novela comeza na Inglaterra de principios do século XX e conta ahistoria dun rapaz chamado Serge Carrefax cuxo pai ensina a falarnenos xordos e, como pasatempo, experimenta coa comunicacióntelegráfica. Serge medra a carón da súa intelixente e misteriosa irmáSophie, entre as vibracións dos cables e as palabras pronunciadas amedias polos alumnos de seu pai. Despois dunha estadía nun balneariocentroeuropeo, Serge intervén na Primeira Guerra Mundial comoobservador aéreo. Cando o seu aeroplano é derrubado, é feitoprisioneiro polos alemáns ata que, coincidindo co remate da guerra,logra fuxir. De volta a Londres, recrútano para unha escura misión enExipto, onde chega a descender ás profundidades das tumbas dosfaraóns. O texto de C forma un código no que cada parte é un sinal, apeza dunha narración tan rica en correspondencias coma un mundo cuxainterpretación non ten fin. A novela de McCarthy é unha dasrevelacións da narrativa contemporánea escrita en inglés.A novela detítulo máis enigmático publicada en Europa nos últimos anos, finalista do Premio Man Booker en 2010, o máis prestixioso dos outorgados enGran Bretaña a un libro de ficción