ALFAYA, AN / ALFAYA BERNÁRDEZ, ÁNXELES
An Alfaya presenta neste libro singular, ilustrado por Chus Ferrín, ahistoria dunha cuncha de nácara afundida no areal da illa doEsquecemento, un anaco de terra virxe perdido na inmensidade do océano Ausente. A metade do seu corpo vivía entre os pequenos grans de rocha esparexidos pola praia, e a outra albiscaba a liña do horizonte, aolonxe coma unha raíña sentada nun trono privilexiado. Unha madrugadadesatouse unha batalla entolecida, provocada polo tornado Augavento,entre un navío e as ondas. Tras o naufraxio, Buguina agardaba apresencia dalgún supervivente, botaba en falta a presencia de alguénque a arrincase da area, permitindo que a parte inferior da súa cuncha recibise o bico do sol, agardaba a alguén que arrimase os seus beizos á porta aberta do seu corpo de nácara e soprase polo seu funilconvertido en bucina, e servise de alerta aos navegantes que cruzan ainmensidade do océano Ausente.Buguina namorada é un fermoso texto narrativo, enchido de referenciasa mitoloxía clásica do mar, onde An Alfaya aborda o encontro entreunha buguina e un náufrago: dúas soidades na illa do Esquecemento dasque, despois de pelexar pola vida, agroma a estrela da esperanza. Unha narración mitolóxica dirixida a públicos de todas as idades.