Esta Breve Historia da Coruña pretende ser curta, manexábel edivulgativa. En nada busca ser exhaustiva nin comprensiva, porque nonse poden esgotar nunhas poucas páxinas asuntos que xeraron polémicassen conto. Non pretende servir como introdución a outros estudos demaior densidade, aínda que os recomende e deles se alimente. Este libro enténdese como un paseo pracenteiro pola cidade. Vai naaxuda do cidadán curioso que, no medio da trasfega cotiá, ten unmomento para deterse e preguntarse polo sentido das rúas, das prazas,dos edificios: polo seu propio sentido. Por iso nos esforzamos porxunguir a historia da cidade aos nomes dos lugares, á configuracióndos barrios e á lembranza das persoas senlleiras que neles habitaron.O segundo dos propósitos deste libro é o de situar a cidade no seucontexto galego e galeguista. Asumimos sen discusión que non se podenegar á Coruña a súa longa vinculación co resto de Galiza e o seutraballo a prol da cultura e da política galegas. Desde este punto departida queremos percorrer a cidade, queremos ver nela o que queda doque foi e o que aínda se pode imaxinar na memoria colectiva e porbaixo dos disfraces das construcións e dos costumes novos cos que amodernidade a miúdo trata de esquecer o pasado.