RODRIGUEZ BAIXEIRAS, XAVIER / RODRIGUEZ BAIXERAS, XAVIER
Se en 'Diario de comidas', o seu anterior libro en prosa, o relato xase desenvolvía en forma de dietario, desta volta a narración daexperiencia expándese para, en estampas maxistrais, achegar aoslectores o pulso dun país senlleiro.
A partir do ano 2006, en queRodríguez Baixeras visita por primeira vez o Brasil, decide convertelo nun centro de residencia primaveral e estival e, por tanto, nun dosprincipais polos de atracción -o outro é Galiza- cara ao que, desdeentón, tendería a súa experiencia vital. A partir dese momentoinaugural, inicia un modo de vida que lle permite un desdobramento:ser "outro" durante a metade do ano, non por mudanza de xorne ou depensamento, senón por habitar outro clima, cambiar de ambiente, vestir outra roupa ou gustar comida diferente.
Amais dese dietariobrasileiro, o poeta escribe unhas estampas en torno á cidade que oacolle, Salvador de Bahía. "A acusada presenza daquela terraultramarina, tanto en forma de semblanzas como de diario, constitúe overdadeiro centro deste libro, especialmente as primeiras polo queteñen de estabilidade, de prospección no tempo e -en certo modo- denovidade, de asombro inaugural", escribe Rodríguez Baixeras na notaaclaratoria inicial. Para o autor de 'O pan da tarde', ser o centronon significa, nin moito menos, erixirse en obxecto de visiónexhaustiva, pormenorizada, mais si de contemplación dirixida a unhasociedade de alto poder de seducción e, sobre todo, sempre irradiadora dun estraño feitizo.un libro de viaxes que conxuga o ton íntimo ereflexivo do diario co relato do encontro cunha terra nova, afastada e inmensa, territorio ignoto que, como a vida, cambia conforme o tempolle vai dando forma.