Sabine é unha rapaza galega dos Países Baixos que bota de menosGalicia,sobre todo as súas avoas. Todo comeza o día do seu décimo aniversariocando recibe un agasallo misterioso que lle abre as portasdunha grande aventura. Axudada polos seus amigos Wilko, Jeroen eAnja, Sabine loitará non só pola súa identidade, senón tamén polavida, cun conxunto de fortalezas que non sabía que tiña dentro.Fran Fernández Davila retorna cunha novela de aventuras e fantasíaambientada na cidade de æs-Hertogenbosch, que nace da maxia dasexperiencias vividas alí polo autor. Unha novela para todas as idadese influída por historias como Momo e Os Goonies, unhachiscadela ás infancias dos anos oitenta.