MOURE, TERESA / BERAMENDI, XUSTO / CARRIL, XOSÉ MANUEL / MENDEZ, ORIANA / SANTIDRIAN ARIAS, VICTOR MANUEL / GARRIDO COUCEIRO, XOÁN CARLOS / PARADA RODRÍGUEZ, JULIO
En 2017 a Revolución Bolxevique fai cen anos. Boa parte dosacontecementos deste século pode interpretarse en relación ao impactointernacional deses ideais revolucionarios e á forma como se puxeronen práctica: aliñamento de países e guerra fría, competitividade entre o bloque socialista e o bloque capitalista, enfrontados no campoideolóxico mais tamén no tecnolóxico e no militar. Paralelamente,producíase un conflito subterráneo que rompía as fronteirasxeográficas: filosofías disidentes introducían esa cerna ideolóxica en novas esferas do pensamento, contraofensivas, como as políticas dobenestar, controlaban o avance do socialismo en países capitalistas,concepcións artísticas, símbolos e vangardas sociais deseñaban un novo mundo. Todo se viu alterado. Cen anos despois, a vella gardacomunista aproveitará para reivindicar o legado transformador dobolxevismo, o pensamento ultra-liberal para expor á luz algúnsepisodios de violencia e opresión na súa cara máis escura.
Este libro pretende ser a contribución galega para esa necesariarevisión, unha maneira de participar neste territorio da Galiza navoráxine, se non daqueles acontecementos, si da reflexión sobre o seuimpacto histórico e ideolóxico. Bolxevismo e bolxevismo na Galiza.
Xerais e Através ofrecen xuntas un único libro en dous volumes decontidos diferentes, coordinado por Teresa Moure, marcando unha vía de confluencia e de inspiración para a convivencia das tradiciónspolíticas e ortográficas de quen defende neste país a vitalidade danosa lingua e do ensaio escrito nela.
Neste volume publicado por Xerais inclúense os traballos de JustoBeramendi, Xosé Manuel Carril, Oriana Méndez, Víctor Santidrián, XoánCarlos Garrido, Julio Prada, Uxío-Breogán Diéguez, FranciscoRodríguez, Anxo Angueira, Antón Dobao, Natalia Poncela, Xosé ManuelOuteiriño e Rebeca Baceiredo.