No poemario ´Bocarribeira´, publicado por primeira vez en 1958 nacolección Brais Pinto, os poemas están transidos de reverente emocióncósmica. E terra no tempo, paisaxe. Un enreixado de camiños que van do ledo ao triste, do presente ao pasado, polos que avanza o xogo davida e da morte nun latexar vibrante de luces e sombras. A obra dungran poeta, imprescindible á hora de valorar a poesía galega do século XX.