FERNANDEZ DEL RIEGO, FRANCISCO / FERNANDEZ, FRANCISCO
A biografía e o perfil literario de Eduardo Blanco Amor aparecen nesta obra tratados desde a máis profunda das complicidades. Del Riego non é neutral, nin distante, na análise da vida e obra do ourensán. Implicado dende a amizade, debulla a intensa andaina do autor de A Esmorga coa conivencia do tempo compartido mesmo na distancia da emigración. O resultado é unha biografía que descobre as claves literarias, vitais e políticas do recreador das atmosferas aurienses.