En Big-Bang un grupo de astronautas chega ó Terceiro Planeta á procura de varios compañeiros misteriosamente desaparecidos. Entrementres,ten lugar a magna convulsión que produce uns cambios ambientais eecolóxicos que case conseguen a amputación traumática da vida noplaneta. Os protagonistas convértense, así, en testemuñas duns feitosque contestan a boa parte dos interrogantes científicos que se viñeran formulando ó longo do relato. Big-Bang é unha novela clásica deciencia-ficción, onde se mesturan moi acertadamente o desenvolvementodunha aventura interplanetaria e as relacións interpersoais dunreducido grupo humano sometido a unha situación límite desupervivencia, coa reflexión sobre interrogantes científicos claves no momento actual, como a orixe do universo e de tódolos seres vivos. Anovela foi merecedora do Premio de Narrativa convocado polo concellode Vilalba no ano 1993.