Bambi é un pequeno corzo, un caparriño bulideiro que vive baixo aprotección da nai, que vai descubrindo as marabillas do bosque, abeleza da natureza, da amizade e da familia, pero tamén a soidade e amorte, onde El, o cazador, é o maior de todos. Conforme vai medrandovaise facendo máis independente e solitario, e neste proceso veseabeirado polo vello príncipe soberano, que lle abrirá a porta aossegredos máis descoñecidos do bosque. Este clásico de Felix Salten,escrito en 1923, é unha chamada aos valores que deben rexer a vida e o respecto polos demais, uns valores universais que non se debenesquecer nin deixar de compartir.