REIGOSA, ANTONIO / REIGOSA CARREIRAS, ANTONIO
O porco Bacoriño vive sentado no cumio da Croa do Medulio. Bacoriño,que sempre foi un porco rebuldeiro e infatigable, está canso, moisufocado, por que acaba de correr sete parroquias escapando dos seusverdugos que o tiñan setenciado a morte sen xulgalo. Mais, Bacoriñosabe que ten o seu destino escrito: os matachíns deben cumprir co rito e sacrificalo o día do seu patrón, o dezasete de xaneiro, Santo Antón Lacoeiro. Bacoriño non é un porco normal: fala, discorre e cavilacomo calquera persoa. Razóns pola que Bacoriño non acepta conformarseco seu destino e emprenderá unha desternillante aventura.Unha novela de humor de Antonio Reigosa no que destaca a súaespléndida linguaxe e unha excelente integración da historia coapervivencia da cultura tradicional. Andrés Meixide humanizou a estepersonaxe coas súas divertidas ilustracións.