DIAZ, CEFERINO (COORD) / DÍAZ DÍAZ, CEFERINO
Transcorreu xa tempo abondo para valorar as bondades e fraquezas daautonomía. Máis de vinte e cinco anos despois, é o momento de analizar os resultados. Este libro responde a esa demanda ao estudar oscambios e transformacións que se produciron en Galicia comoconsecuencia do goberno autonómico. Os anos da Autonomía coinciden cos de maior desenvolvemento da sociedade galego. Os traballos que serecollen neste libro parten desa constatación amais de teren en contaa incidencia doutros factores -contexto internacional e o papel daUnión Europea- á hora de estudar o acontecido durante un período noque Galicia goza de autogoberno para organizar e construír o seupresente. O cambio social, a análise económica, o territorio e a súaordenación, o sistema sanitario galego, os medios de comunicación, olongo proceso de normalización lingüística e o devir da cultura son os eixes temáticos desta pormenorizada análise, que reflicte unha etapade máis de vinte anos de período autonómico.Unha análise dos cambios económicos e sociais entre 1981-2009