Atuado na braña relata a teima de Luís Salgueiro Pardo, un empresarioda construcción acomodado e triunfador na procura do seu pasado. Unsegredo familiar, revelado pola súa nai, convértese na chispa queprovoca a busca das súas raíces e a verdadeira identidade da súafamilia biolóxica. Luis Salgueiro deixará o temón da súa empresa enmans de persoas da súa confianza e acometerá unha viaxe apaixonadacara ás súas orixes agachadas na Casona do Saviñao e na brañalamacenta de Bouzuás, onde se ocultan, dende hai anos, a Meiga e dúasrapaciñas novas. Unha viaxe na que Luis Salgueiro poñerá en risco asúa propia vida e suporá reavivar unha ferida que, despois de corentaanos, aínda segue aberta. A represión militar dos anos da posguerra(cando a garda civil perseguía aos últimos guerrilleiros), os receosda xente da aldea, a crueldade dunha implacábel e feroz persecuciónque non rematou e unha vida que, paseniñamente, se vai esfarelando,levarán, nunha narración cargada de intriga, á descuberta duns froitos que só a porfía dun home capaz de enfrontarse aos demais e á natureza pode acadar.O eixo desta novela extensa e ambiciosa, escrita nunhaprosa fermosísima e engaiolante, reside na necesidade que sente oprotagonista, ese antiheroe vividor e elitista, de acometer unhadescuberta profunda sobre quen é, sobre o que sente, sobre anecesidade de enfrontarse o que non sabe de si mesmo, anque poidasucumbir e perder todo aquilo que posúe. Novela longa á vella usanza,impregnada de intriga sabiamente dosificada, que non se resolve ata aúltima das súas 628 páxinas, aborda outros temas de actualidade: acorrupción política e empresarial, os modelos de uso do idioma, asrelacións interpersoais de amizade e de parella, o pensamento mítico,ou as formas de vida tradicionais no mundo rural galego. Atuado nabraña é unha historia do presente que, coa mestría dunha trama inzadade paixóns, odios, obsesións e desencontros, remexe no pasado paraencarar a procura da identidade.