ATLAS ARQUEOLÓXICO DA PAISAXE GALEGA

ATLAS ARQUEOLÓXICO DA PAISAXE GALEGA

$79.166
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
XERAIS EDICIONS
Año de edición:
Temática
Arqueologia
ISBN:
978-84-9121-048-1
Páginas:
336
Encuadernación:
Rústica
Idioma:
GALEGO
Peso:
652
Dimensiones:
240x170
$79.166
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

A paisaxe é un produto das formas de ser, de estar, de pensar e deactuar de cada sociedade. A paisaxe galega de hoxe é o resultado dasnosas formas de ser, estar, pensar e actuar, mais tamén das daquelesque nos precederon no tempo. Moitas das cousas que consideramos máiscaracterísticas da paisaxe de Galicia son o produto ou o efecto daacción humana, e non só diso que chamamos a Natureza.
Este libro é unha especie de atlas arqueolóxico das paisaxes culturais de Galicia, e dicimos «unha especie» porque non é un atlas entendidono sentido convencional de conxunto de mapas, o que fai é describir as diferentes formas da paisaxe que se foron sucedendo ao longo dunhaboa parte da historia do que hoxe é Galicia, dende a prehistoria até a época medieval.
O relato parte do que coñecemos como paisaxe tradicional para, logo,ir na procura dos seus elementos típicos, xa presentes -ou ausentes-nas paisaxes que o precederon e o foron conformando. Porén, aspaisaxes arqueolóxicas son algo que non existe, os seus restos, ou ben se incorporaron en gran medida a formas posteriores de paisaxe, ouben subxacen relictos e esquecidos baixo estas. Por iso precisamenteas chamamos arqueolóxicas.
A historia que facemos aquí é unha historia humana do antropoceno, unconcepto que vén definir unha nova etapa xeolóxica marcada poladominación humana dos sistemas da Terra, unha etapa en que a acciónsociocultural modifica activamente o mundo e substitúe un medionatural por un medio cultural cada vez máis artificial.
Autoras e autores dos textos: Roberto Aboal, Xurxo Ayán Vila, DavidBarreiro, Paula Ballesteros-Arias, Manuela Costa-Casais, PastorFábrega-Álvarez, João Fonte, Camila Gianotti, A. CésarGonzález-García, Alejandro Güimil Fariña, Elena Lima Olivera, RaquelLópez Noia, Patricia Mañana-Borrazás, Antonio Martínez-Cortizas,Matilde Millán e Manuel Santos-Estévez

Otros libros del autor