Coincidindo co 25 cabodano da escritora inglesa Agatha Christie, tanapreciada entre xente de moitos países e de todas as idades e falecida o 12 de xaneiro de 1976, Editorial Galaxia abre unha colección nova,a Biblioteca Agatha Christie, coa publicación do primeiro dos seistítulos previstos. Trátase do libro Asasinato no Orient Express, doque tamén se fixera, hai anos, un filme de moito éxito. O detectivebelga Monsieur Hercule Poirot vese confrontado cunha serie deasasinatos misteriosos nese mítico tren que era o Orient Express.Serán as súas dotes dedutivas e o seu enxeño detectivesco dos que tenque botar man para aclarar a orixe dos crimes que ameazan o grupointernacional de viaxeiros no convoi. Gracias ao seu gran coñecementoda psicoloxía humana -e sempre disposto a desconcertar cos seuscomentarios retranqueiros- consegue non deixarse enganar e solucionaro caso. E a primeira vez que este clásico do xénero, escrito en 1934 e agora traducido por Alberto Alvarez Lugrís, aparece en lingua galega.