«Ás oito da tarde, cando morren as nais», peza teatral de AveLinaPérez, achéganos un canto coral sustentado no absoluto baleiro,explotando as posibilidades do xogo escénico desde unha concepciónaberta do espazo e cunha ollada irónica sobre a relación entre oteatro e a súa recepción. Aquí, a procura da identidade individual amparada na masa, superficial e ignorante, que presume de coñecementos inútiles, amósase indecente. Nun teatro, lugar (supostamente) de encontro, asistimos aoespectáculo da estupidez. E debaixo de todo o insultante: nós. Tanpequeniños, tan perigosos...