AA.VV
Este libro tenta achegar as mulleres e as Matemáticas a calquera queteña curiosidade, pero está especialmente pensado para que sexaaccesible ás estudantes e aos estudantes de Secundaria. Nestes temposnos que hai que falar de igualdade e transversalidade nas aulas, podeser unha boa maneira de dar a coñecer a algunhas mulleres que fixerone aplicaron Matemáticas, pero que, polo xeral, están ausentes noslibros de texto.As mulleres que aparecen neste manual non son as únicas que sededicaron ás Matemáticas, pódense elixir outras, pero todas as queaparecen teñen méritos sobrados para estar nel. En calquera caso,estas e as que non están teñen un factor común: por seren mullerestiveron que romper barreiras para dedicarse á súa paixón. De seguroque outras moitas permanecen esquecidas porque esas mesmas barreiraspuideron con elas.A día de hoxe esa tendencia a silenciarnos semella ir mudando, non sóna Ciencia, pero aínda así, parece que hai un "teito de cristal" que,por non verse, é moi difícil romper, e que, por exemplo, fai que enGalicia o 65 % dos estudantes universitarios sexan mulleres, peroentre o profesorado universitario esta cifra redúcese ao 44 %, e ascatedráticas representan case un 14 % deste colectivo. E isto mesmopode trasladarse, con poucas variacións, a calquera empresa, sefalamos de Consellos de Dirección ou outros cargos directivos, no quechamamos o Primeiro Mundo, porque se falamos de países nondesenvolvidos, os dereitos redúcense en moitos casos a ningún.Esperemos que estas mulleres e as súas historias lles sirvan ásxeracións futuras de exemplo e poidamos todas e todos defender osintereses propios en igualdade de condicións.