AS MULLERES NA FILOSOFÍA

AS MULLERES NA FILOSOFÍA

$30.346
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
(164).BAIA FONDO (DEPOSITO)
Año de edición:
ISBN:
978-84-96526-48-8
Páginas:
136
Encuadernación:
Otros
Idioma:
Castellano
$30.346
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

A presente obra pretende tratar os dous aspectos implícitos naambigüidade do seu título: as mulleres como obxecto e como suxeito dopensamento, é dicir, por unha banda, o que os filósofos pensaron sobre as mulleres, e, por outra, o que pensaron as mulleres cando accederon ao estudo da Filosofía. Inténtase, ademais, relacionar eses dousaspectos, xa que as mulleres filósofas pensaron, en primeiro lugar,sobre o que os filósofos tiñan pensado acerca delas, por iso, os seusprimeiros pasos na filosofía foron respostas directas e argumentadasracionalmente aos prexuízos e ideoloxemas dos seus coetáneos. De aíque busquemos a un tempo reconstruír a conceptualización do feminino a partir dos textos dalgúns filósofos, pero tamén reconstruír unhaxenealoxía feminina na historia do pensamento. Así pois, na primeira parte de cada división histórica esbozamos unhapequena crítica da razón patriarcal, e no contrapunto que lle seguebosquexamos unha rápida historia da teoría e da práctica feministas,así como unha breve escolma de filósofas de cada época, todo isto cofin de visibilizar e recuperar un pasado necesario para iluminar anosa identidade presente e para orientar o noso futuro. Porque, comodi Hannah Arendt, a ausencia de memoria ou de tradición indica, a untempo, a dificultade de conservar e a de innovar e, polo tanto, aimposibilidade de crear novos significados para o mundo. Cada novofragmento que recuperemos dunha tradición que esqueceu deliberadamente o pensamento das mulleres obrigará necesariamente a re-pensarnos, aproducir sentido, a reinterpretar o mundo e, como consecuencia, atransformalo.