Este libro pretende ser unha guía de acceso doado ás leis que oParlamento de Galicia foi aprobando na súa andaina, desde a súaconstitución ata hoxe.Coa publicación deste valioso material, Edicións Xerais de Galicia quere achegar a cidadáns e profesionais do dereitounha ferramenta de traballo indispensable para acompañar ou avaliar odesenvolvemento do Estado de Dereito no noso país.A estructura interna do presente libro permite unha rápida e clara aproximación einterpretación dos contidos que aquí se presentan. Primeiro, expóñense as leis unha a unha, para facilitar a súa localización e coñecemento, sinalando se están derrogadas, modificadas ou vixentes. Logo,analízanse en conxunto e por subconxuntos, comparándoas e agrupándoaspor materias e sectores.O longo de todo o texto, e maisespecificamente na parte final, inclúense algúns elementos técnicos,contextuais, de reflexión e críticas, como unha achega para a mellorada calidade e da comprensión das case duascentas primeiras leis deGalicia.