Os contos que forman este libro de Antón Dobao son diferentes entre si pero todos teñen en común unha arela por transitar zonas prohibidas.A perda é unha constante destes relatos, a sensación de final -caseapocalíptica- é outra das atmosferas que pairan sobre As ilusiónsestrañas. Un xogo de luces e sombras que, ao esvaeceren, deixan ávista unha realidade distinta do que en principio aparentaba.
A fronteira entre o real e o imaxinario, ese territorio no que arealidade parece que perde a súa consistencia, é o lugar onde aniñanAs ilusións estrañas. Antón Dobao amosa unha habelencia insólita paraescoller os feitos narrados -as situacións, os personaxes que asviven- e as palabras coas que estes se narran. Trátase do xogo daficción, no que o autor introduce a quen le sen que, ata o momentopreciso, este se dea decatado das regras que gobernan os feitos e axente dese mundo aparentemente próximo e doadamente intelixible.
Velaquí o que escribiu Giacomo Leopardi sobre as ilusións no seuZibaldone di pensieri: "O pracer máis sólido desta vida é o pracer van das ilusións. Eu considero as ilusións como algo en certo xeito real, tendo en conta que son ingredientes esenciais do sistema da naturezahumana [...] de maneira que non é lícito explicalas como soños dunúnico ser humano senón como xurdidas de veras da natureza, sen elas, a nosa vida sería a máis mísera e ruín das cousas."
Ao cabo, en As ilusións estrañas todo o que parecía ser unha procurarigorosa da verdade acaba por se converter en material para alimentaralgo falso: unha ficción perfecta e convincente, iso que, en esencia,vén sendo a literatura.