Nestes tres relatos, "As fillas do defunto coronel", "Estar no ceo" e"A festa no xar-dín", Katherine Mansfield, unha das escritoras máisinnovadoras da literatura do século XX, arremete contra o conceptovictoriano de familia, a visión romántica do amor e mesmo a falaciahumanista sobre a coherencia e unidade do ser. Gran parte da obradesta escritora novacelandesa, que dedicou boa parte da súa vida acombater as restrictivas normas sociais e sexuais do momento, céntrase en explorar as dualidades e ambigüidades agochadas na mente humana.As historias das protagonistas de As fillas do defunto coronelcoinciden non só pola súa denuncia dunha sociedade perversamentedeseñada para limitar as posibilidades de desenvolvemento dasmulleres. Tres contos que reflicten de modo xeral a discriminación áque se ven sometidas as mulleres na sociedade de principios de século, ao tempo que critica, de xeito implícito, a represión exercida desdeinstitucións como a familia e o matrimonio, ademais de analizar osaspectos máis escuros e irracionais do inconsciente. Ao amosarnossempre os seus personaxes femininos alienados perante o debate entreas imposicións externas e os seus desexos, Mansfield ataca osconvencionalismos ríxidos no que respecta aos papeis normais asignados ás mulleres.