Como cando as paredes oen aos amantes, "Así, máis, máis, máis", estesnovos relatos de Manuel Rivas, o autor de A lingua das bolboretas e Olapis do carpinteiro, non foxen da realidade senón que procuran máis e máis: Máis realidade! A memoria viaxa no lombo da linguaxe. Osrecordos aquí non son pasado. Serven para a restauración da vida pormedio tamén das sensacións e dunha mirada táctil. A vida concibidacomo unha sucesión de chamadas, das que as máis importantes son as que quedan no aire, aquelas coas que non establecemos contacto. O impacto destas perdas fai cambalear a existencia cotián. Esa excitación, eseerguerse na caída, é o punto de partida deste libroemocionante.Estamos ante un realismo íntimo, onde golpea o abraio e asorpresa, pero que refuga a convención do "máxico". Pola contrareclama máis e máis realidade: a que se oculta, agocha ou se disfraza. A literatura ven ser a nosa intrahistoria, e o camiño que aquí vaiabrindo a escritura semella un paso clandestino, con tramosinquietantes, que nos leva á paisaxe da emoción. Os vintecatro relatos de As chamadas perdidas rebélanse contra a fatalidade. Os personaxesloitan, corpo a corpo, contra a tristeza e a soidade. Fanse fortes coseu fío de esperanza e coas súas puñadas de humor e ironía. Cadarelato parte dunha dimensión social que ser ve ao autor para expresaro ámbito persoal máis có colectivo. Esa viaxe interior dos personaxesavanza paralela a únha viaxe interna do libro, estructurado ao xeitodunha mar aberta, desde contos dunha factura máis clásica como "Nós os dous" , "O heroe" ou "O partido de Reis" a outros máis experimentaiscomo "Snif, bang, bla, bla, bla" ou "Todos os animais falan".Vintecatro contos moi cinematográficos, escritos coa mestríacaracterística da prosa de Manuel Rivas, constitúen, tamén, unha viaxe dende aquela Galicia popular dos anos sesenta, cando chegan oselectrodomésticos e os mozos e mozas acudían aos salóns de baile, atahoxe en día.