XOSE MARIA ALVAREZ CACCAMO / ALVAREZ CACCAMO, XOSE MARIA
Máis que unha biografía de perfil canónico, "As artes da vida de Ánxel Huete" quere ser un retrato dinámico, acaso unha sucesión de retratos fiados en fita narrativa e organizada en secuencias temáticas:estudos, viaxes, experiencia política, activismo cultural, amor eamizade, labor pedagóxico, traballo creativo.O discurso textualfoi trazado con instrumentos de perspectiva múltiple: a voz donarrador implicado, integrado en grande medida no ámbito que ocupa oprotagonista, a do personaxe retratado, Ánxel en primeira persoa edeclaración directa ou recollida de diversas publicacións, a das citas extraídas de catálogos e libros e da súa tese doctoral inédita, e,finalmente, a voz coral dun feixe de amigos e amigas dos que soliciteiun testemuño, unha semblanza.Ademais de ir trazando unpercorrido ao longo da historia do oficio de artista de Ánxel Huete,estas páxinas pretenden ofrecer a imaxe das súas artes de vivir,cultivadas con intensa vontade de construción persoal e decolaboración en labores de edificación colectiva. O narrador, situadonun espazo de proximidade ao habitat vivencial, creativo e intelectual do protagonista, configúrase maiormente como figura de amizade.Este libro pretende achegar a imaxe biográfica do home e do artista,pero tamén a dos afectos que me ligan a el. Mais no substrato da súaintención non latexa o pulo da vontade encomiástica, laudatoria ouaxiolóxica, senón só a manifestación natural da simpatía e atracciónque a vida e a obra de Huete me producen.
Máis que unha biografía de perfil canónico, ´As artes da vida de Ánxel Huete´ quere ser un retrato dinámico, acaso unha sucesión de retratos fiados en fita narrativa e organizada en secuencias temáticas:estudos, viaxes, experiencia política, activismo cultural, amor eamizade, labor pedagóxico, traballo creativo.
O discurso textualfoi trazado con instrumentos de perspectiva múltiple: a voz donarrador implicado, integrado en grande medida no ámbito que ocupa oprotagonista, a do personaxe retratado, Ánxel en primeira persoa edeclaración directa ou recollida de diversas publicacións, a das citas extraídas de catálogos e libros e da súa tese doctoral inédita, e,finalmente, a voz coral dun feixe de amigos e amigas dos que soliciteiun testemuño, unha semblanza.
Ademais de ir trazando unpercorrido ao longo da historia do oficio de artista de Ánxel Huete,estas páxinas pretenden ofrecer a imaxe das súas artes de vivir,cultivadas con intensa vontade de construción persoal e decolaboración en labores de edificación colectiva. O narrador, situadonun espazo de proximidade ao habitat vivencial, creativo e intelectual do protagonista, configúrase maiormente como figura de amizade.
Este libro pretende achegar a imaxe biográfica do home e do artista,pero tamén a dos afectos que me ligan a el. Mais no substrato da súaintención non latexa o pulo da vontade encomiástica, laudatoria ouaxiolóxica, senón só a manifestación natural da simpatía e atracciónque a vida e a obra de Huete me producen.