Por que escribir e que ocorre cando se fai en galego? Que conflitoscondicionan a liberdade do escritor? E a literatura unha actividadelúdica? Verdade, xustiza, ou progreso, son secundarias na arte, forman parte dela? Como ler os clásicos? Existen as obras mestras? Queesperan os lectores? E, pola súa banda, cales son os límites dosautores? E os da literatura?Este libro ofrécese ao público comoescenario de conflito, como problematización duns conceptos culturaistan asumidos que se converteron en paisaxe e deixaron de ser útiles.Dun xeito ameno, rigoroso e heterodoxo, o autor parte da experiencialiteraria para repensar o carácter da arte contemporánea, a realidadesocial, política e artística da Galiza de hoxe. Chégase así a unhavisión válida e non simplificadora da nosa tradición, dos procesos decreación, do papel das institucións e do pensamento crítico.