Publicada en 1930, cando o seu autor tiña 42 anos, pódese considerar a biografía espiritual dos homes da Xeración Nós. O seu protagonista,Adrián Solovio, é un dos personaxes que xa figuran no patrimonioliterario galego. A súa historia é a da procura da identidade, a dadescuberta do que representa Galicia como realidade con carácter eexistencia de seu. Rexa, ben construída, cunha prosa efectiva quetransmite ao lector unha gran capacidade para visualizar a narración a través dun estilo directo, de frase curta, Arredor de si conseguiusituar a novela galega na vangarda da época.