Arquitectura popular en Galicia é a nova edición dun libro clásico,publicado hai xa máis de vinte anos, que agora Xerais recupera,revisado e actualizado polo seu autor, o arquitecto Pedro de Llano.Trátase da edición dun título emblemático, varias veces esgotado, quehoxe se complementa con novos apartados que posibilitan unha lecturaactual da arquitectura anónima que foi obxecto do estudo deste libro.A intención da nova edición que Xerais saca á luz é revitalizar estaapreciada e transcendental investigación para situar o rico acervo daarquitectura popular no noso actual contexto temporal, aceptando quese ben resulta incuestionable que, na súa globalidade, todaarquitectura deberá desaparecer unha vez esvaecidos os usos que llederon vida, esas austeras construcións populares, que intelixentemente rehabilitadas poderían manter a súa funcionalidade como contedores de vida por un longo período de tempo, teñen aínda moitas cousas queensinarnos.Co tratamento gráfico de Alfonso Salgado e fotografías de JuanRodríguez, Arquitectura popular en Galicia afronta esta nova ediciónactualizada desde o convencemento de que, ao longo de todos estesanos, o libro logrou que medrase en Galicia o interese polatranscendencia cultural das edificacións anónimas, ás que Pedro deLlano dedicou un longo período da súa vida, buscando entre os seusmuros os segredos da racionalidade. Por iso hoxe, a esta nova edición, o autor engádelle unha importante reflexión persoal sobre o intereseda súa potencial rehabilitación e o posible proveito do seu estudocomo base de apoio para o traballo creativo dos arquitectos