Unha cidade construída, non sobre un volcán, senón sobre un sumidoiro. Encheron parte do istmo con bloques de cemento e chamáronlle oRecheo, logo construíron por riba casas modernistas e obeliscos eplantaron árbores exóticas, en xardíns con estatuas de escritoras ede próceres.Pero o sumidoiro móvese e tira dos que camiñan sobre el, funciona coma unha ventosa. Mentres a cidade vive, o sumidoiro láiase eboquea. Sopra o vento, chove a mares e, arredor, os océanos axítanse e ameazan de negrura.Aquí comeza o mar é a historia dunha cidade anómala, A Coruña, segunda capital del franquismo, onde, ás costas dos funcionarios e daxente ben, a finais dos setenta, empeza a medrar unha bohemiadesaforada e imaxinativa, unha vida nocturna velenosa e fulgurante. Através das páxinas da novela, acompañamos a pintores, músicos de rock, escritores e poetas á procura dunha cultura propia nunhaexplosiva epopea de autodestrución persoal chea de humor, de drogas,de fantasía, de sexo.