AO PÉ DE CADA HORA. TEMPO DE COMPOSTELA

AO PÉ DE CADA HORA. TEMPO DE COMPOSTELA

$34.541
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
XERAIS EDICIONS
Año de edición:
Temática
Poesia
ISBN:
978-84-8302-835-3
Páginas:
176
Encuadernación:
Rústica
Idioma:
GALEGO
Peso:
184
Dimensiones:
190x130
$34.541
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Ao pé de cada hora, opera prima de García-Bodaño, está organizada encatro seccións. A primeira "Oracións para os vosos nomes", susceptible de ser clasificada baixo a etiqueta de poesía civil, compón unmosaico de elexías dirixidas a figuras senlleiras da política, da arte e da literatura galega. As tres restantes seccións, "Pregoeira daledicia", "O teu corpo florido" e "Ausencia e noiva baixo raíces",constitúen unha manifestación da lírica amorosa, que adquire maticesde universalidade. Poesía nos dous casos, como quería Worsworth, daemoción evocada desde o recordo, elaborada reflexivamente polas forzas activas da conciencia.O segundo poemario, Tempo de Compostela, estáformado por tres seccións, que levan por título "Poemas diacrónicos","Poemas contemporáneos" e "Poemas nominados", ás que lles hai queengadir tres textos limiares e un texto epilogal. Tempo de Compostelacomeza coa introducción dunha figura ficcional, un poeta compostelánque viviu durante séculos, ó que se lle atribúe a creación de "belascomposicións nacidas do seu xenio ao fío do lento pasar dos séculosata estes nosos días de hoxe", isto é, dos poemas que integran a obra. Deste xeito atopa xustificación a presencia dos "poemas diacrónicos", compostos a imitación dunha serie de modelos textuais tomados dasdiferentes etapas da historia da literatura galega, desde a IdadeMedia ata a actualidade.O presente volume é unha magnífica ocasiónpara achegármonos á traxectoria poética de García-Bodaño que abalaentre o intimismo de raizame existencialista, a liña amorosa, unlirismo elexíaco, a aproximación a diversas etapas da nosa literaturae máis unha crítica mordaz da sociedade urbana.