Unha antiga irmandade secreta. Unha nova arma devastadora. Unobxectivo inimaxinable. Moito antes de descifrar o código Da Vinci, osimboloxista de prestixio internacional Robert Langdon accede a viaxar ata un centro de investigación suízo para analizar o críptico símbolo que apareceu marcado a lume no peito dun físico asasinado. O quedescobre é inconcibible: unha criminal vinganza contra a IgrexaCatólica perpetrada por unha organización secreta centenaria, osIlluminati. Nun desesperado esforzo por salvar o Vaticano dunhapotente bomba de reloxería, Langdon traballa man a man coa fermosa emisteriosa científica Vittora Vetra. Xuntos embárcanse nunha frenética busca pola cidade eterna que os leva a criptas seladas, perigosascatacumbas, catedrais baleiras, e que remata na cámara máis secreta do mundo: o agocho dos Illuminati. O ambigrama do título lese igualaínda que se inverta a posición do volume. Esta antiga técnicaartística é un dos protagonistas dos misterios de Anxos e demos. DanBrown é un dos autores emerxentes dos Estados Unidos. Ten publicados,con grande éxito, Digital Fortress, Angels & Demons e Deception Point. Vive en Nova Inglaterra. O código Da Vinci ascendeu de maneirameteórica ata situarse no cumio da lista do The New York Times.