Este volume parte das conferencias lidas no Simposio Antroponimia elexicografía organizado polo Instituto da Lingua Galega (USC) en 2016, continuación dunha serie de encontros comezados no ano 2000, coacolaboración desde o inicio do Consello da Cultura Galega.Reúnense aquí contribucións sobre a elaboración de dicionariosantroponímicos, tanto desde unha perspectiva románica como endistintos ámbitos xeográficos (Italia, Reino Unido e Irlanda, EstadosUnidos, Galicia), así como a conexión entre a antroponimia e o léxicocomún (a deonomástica) e sobre aspectos específicos do estudo daantroponimia galega (problemas etimolóxicos, sobre a transmisión dosapelidos e o estudo histórico dunha área concreta). Tamén se realizapor primeira vez unha aproximación ao valor simbólico dos apelidos enGalicia. Quérese, en definitiva, con este volume, contribuír ao tratamentolexicográfico dos apelidos e afondar no coñecemento deles no nosoterritorio.