ANTONIO GRAMSCI. CADERNOS DO CÁRCERE E OUTROS ESCRITOS

ANTONIO GRAMSCI. CADERNOS DO CÁRCERE E OUTROS ESCRITOS

$29.275
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
USC.UNIV.SANTIAGO COMPOSTELA
Año de edición:
ISBN:
978-84-17595-31-9
Páginas:
362
Encuadernación:
Otros
Idioma:
Castellano
$29.275
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Sería inexcusable privar a unha colección de grandes clásicos dopensamento da obra dun dos grandes teóricos do marxismo, impulsor deachegas fundamentais na evolución da esquerda europea. No contexto dos anos máis convulsos do século XX, Antonio Gramsci (1891-1937) fundouo Partido Comunista de Italia e foi vítima da barbarie mussoliniana.No seu breve periplo vital, Gramsci atopou o tempo necesario paralegar á humanidade o testemuño dunha mente brillante, dinámica eadaptativa, na súa meirande parte grazas a textos redactados nas duras condicións dos cárceres fascistas e adoecendo sempre dunha precariasaúde. Os textos escolmados nesta antoloxía refírense, primeiro, aoperíodo anterior ao encarceramento do autor (de 1916 a 1926), a parteprincipal da escolma corresponde xa aos anos de prisión, os chamadosCadernos do cárcere, escritos entre 1929 e 1935. Finalmente, aantoloxía incorpora unhas poucas pero moi significativas cartas. Avariedade impresionante das anotacións dos Cadernos, a diversidade detemas e a fragmentación das reflexións pode desconcertar e impedir ver os grandes troncos baixo esa densa vexetación. Por iso, o limiardesta edición resulta imprescindible para proporcionar unha claveinterpretativa do conxunto do pensamento gramsciano, un pensamento encuxa traxectoria operaron tres acontecementos decisivos: a revoluciónRusa de 1917, o movemento revolucionario dos consellos de fábrica enTurín en 1920 e, por último, a decisiva experiencia de Gramsci enMoscova e Viena entre 1922 e 1924 como membro da Internacional. Estesacontecementos acrisolaron o armazón argumental de Gramsci estimulando unha rápida aprendizaxe, unha acelerada evolución onde cada estadiocontribuíu á definición dun pensamento moi pouco convencional, unpensamento que, oitenta e dous anos despois do tráxico pasamento doautor, renace en lingua galega coa plasticidade e vixencia que só seatopa nos clásicos.

Otros libros del autor