Ambas as dúas foron escolmadas por Jonathan Dunne, tradutor deprestixio, que se encargou da edición. Sesenta textos de sesentaautores ofrécense nesta nova antoloxía en edición bilingüegalego-inglés, incluíndo todos os xéneros: narrativa de ficción (tanto para adultos como infantil e xuvenil), poesía, teatro e ensaio. Estenovo volume ofrece unha selección completa da mellor literatura galega producida ao longo dos últimos trinta anos, con nomes familiares como os de Manuel Rivas e Chus Pato acompañados dun abondoso talento ata o de agora en boa medida por descubrir. En edición bilingüe(inglés-galego), a Anthology of Galician Literature, 1981-2011 nacepara espallar a creación literaria en lingua galega polos grandesámbitos académicos e profesonais onde as letras circulan:universidades, centros de estudos do hispanismo e a lusofonía,lectorados de lingua galega, asociacións de tradutores, axentes ecríticos literarios, medios de comunicación especializados, editorascomerciais, bibliotecas, feiras internacionais, etc. Non renunciamos á utilidade da obra en centros docentes e en aulas de literatura(universitarias e de bacharelato). Mais a presente escolma quere ser,fundamentalmente, unha proposta ordenada do noso presenteliterario.Esta antoloxía aspira a presentar a literatura galegacontemporánea ao público lector en lingua inglesa e constitúe unhacontinuación da histórica Antoloxía da literatura galega. 1196-1981,publicada en 2010.