QUEIZAN VILAS, MARIA XOSE / QUEIZAN, MARIA XOSE
En Amor de tango María Xosé Queizán constrúe unha novela quereconstrúe o Vigo da república e da represión franquista a través dosrecordos de Margot, unha das protagonistas. E a novela das mulleresque durante os esperanzados anos 20 e 30 foron rapazas activas,ilusionadas e decididas a descubrir o mundo. E a novela dastraballadoras que espertaron á vida naquela urbe pioneira, atlántica e liberal que era o Vigo de preguerra. E a novela das obreiras dasfábricas de sardiñas que están estreitamente ligadas están aodesenvolvemento industrial da cidade e da ría. E a novela dostrasatlánticos, das fábricas de salazón, do Cable Inglés, das grandesNavieiras, da emigración, do Berbés. Memoria viguesa, intimismo,historia miúda e persoal e retratos construídos desde un eficazrealismo constitúen os eixos sobre os que gravita este fermoso einesquecible canto a Vigo e as mulleres que a poboaron.