ALVARO CUNQUEIRO
O Incerto Señor Don Hamlet.
Midamos agrandeza do estro de Cunqueiro: confróntase con Shakespeare, referente máximo da arte dramática, para reescribir un texto axial, o Hamlet.¿E cal é o punto onde «corrixe» a materia hamletiana? No que abrangueo núcleo dos afectos, as relacións do pai e da nai co fillo, o desexoe a raíz do ser. Pode dicirse que nunca a fórmula coloquial «¿e ti dequen vés sendo?», clave da identidade no noso mundo tradicional,acadou sublimación artística de máis altura.
Cunqueiro explorou emobilizou todos os recursos que a lingua e a cultura lle entregaron,no terreo da representación, para elaborar esa pregunta, que adquire,na desacougante singradura de arestora, un carácter perentorio:cuestión de sermos ou non sermos.
Abafala é a peor das respostas,pois, contra o que soñou Cunqueiro, ningunha obra literaria, por si, é capaz de fornecer á vida de Galiza mil primaveras máis, só acomunidade en que os lectores se tornen actores para unharepresentación que impulse a nosa autoconstrución interminábel. A ela, Cunqueiro, para alá dos abxectos ires e vires nos vencellos co poderfranquista, xa deu o seu contributo e o que no Don Hamlet ficou é unha vigorosísima alerta contra a autoconsunción que nos ameaza como forma derradeira da agresión secularmente padecida.