Nestes Algoritmos non hai trama, senón unha variada galería depersonaxes, lecturas e rememoracións, máis ben pretendidas intimidades intelectuais. Non son un dietarios, nin tan sequera unha compilación, senón unha secuencia de ideas acoutadas entre 2011 e 2018.Felizmente inclasificábeis, como tantos outros textos de XavierQueipo, estes algoritmos reflicten dalgún xeito que son os propiosalgoritmos a ideoloxía dominante neste tempo de dúbidas e incertezas,que temos que apandar con eles, coñecelos e dominalos, mesmo paraseguir exercendo o oficio de escribir.Un exercicio de análise, de pensar fóra da norma, de expresar ideas esentimentos con estas notas heteróclitas, aloucadas ás veces eexcesivamente racionais outras, para construír o meu relato, que diría Queipo.