AA.VV
Vintedous anos pasaron desde que Don Alfonso García Rojo pechou aredacción destes relatos autobiográfics. Mestre, nacido enVillalpando, 1906, e falecido en Madrid en 1997, que pasou o mellor eopeor da súa vida en Galicia. En Ourense, na Ribeira Sacra, durante ocurto período repubicano, converteuse nun dos mestres de referencia,polos seus ensaios de ensino activo, coeducación, laicismo, pacifismo, misións pedagóxicas, respecto pola lingua e a cultura rural,formación do profesorado por intercambio entre iguais, fomento doasociacionismo. En Pontevedra estudou nos anos vinte, e fuxíu alínovamente en 1936, para vivir un longo exilio interior, ata o seuretorno á docencia en 1963. Cataluña, Cantabria e Madrid foron os seus novos lugares de acollida entre 1961 e 1997. Tamén se refire aepisodios que viviu nestas terras, pero o eixo dos relatos son osrecordos da república e do franquismo, dando testemuña histórica dosdous procesos que marcaron o noso século XX: o proceso de cambio,modernización e avances democráticos, contrarrestado por un golpemilitar que nos devolve a épocas de oscurantismo, violencia erepresión. A introducción de Xosé M. Cid Fernández céntrase tamén nasituación educativa vivida pola escola e os ensinantes neses anos de1931 a 1939, cunha valiosa selección documental sobre a represiónsufrida polo propio mestre da Ribeira Sacra.