AGORA ENTRAMOS NÓS

AGORA ENTRAMOS NÓS

$38.200
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
(038).UNIV.SANTIAGO COMPOSTELA.USC
Año de edición:
ISBN:
978-84-16954-67-4
Páginas:
322
Encuadernación:
Otros
Idioma:
Castellano
$38.200
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Nos anos sesenta do século XX esperta, ou, mellor, agroma, un novoordenamento político-social internacional. Prodúcese un profundocambio xeracional e a xuventude irrompe con forza, rachando coamoralidade convencional e reformulando valores e actos herdados: omovemento hippie, Vietnam, a primavera de Praga, o maio francés... son síntomas dunha mocidade farta de aceptar políticas impostas. Para asociedade galega dos anos sesenta, o xogo desenvolvíase, ademais,nunha liga de extrema complexidade, pois tratábase de loitarideolóxica e activamente contra o aparato dunha ditadura que, maliapericlitar, seguía anulando toda posibilidade de oposición ouinconformismo. Un intre histórico de aniquilación das liberdades querequiría a toma de posesión de espazos, vía na cal a canciónconverteuse nunha arma cargada de futuro. A música permitiu que unhaloita que xa esmorecía tomase novos folgos, xa que, entre outrascousas, substituía todo aquilo que non se podía cumprir no terreopúblico: a canción substituía o mitin. O 26 de abril de 1968, naFacultade de Medicina da Universidade de Santiago, un grupo formadopor varios mozos estudantes en Compostela ao que chamaron Voces Ceibes daba o seu primeiro recital. O que pasou antes e o que veu despoisestá contado nas páxinas deste libro.