G.BOULLOSA, PALMIRA / BOULLOSA, PALMIRA
A quen non lle gusta gozar das palabras que parece que significanoutra cousa e que nos levan por moitos camiños? E se ademais, riman,xa é perfecto. Porque unha adiviña é unha porta aberta á felicidade da descuberta. A autora ofrécenos vinte e oito adiviñas co recendofermoso da literatura popular, moi sinxelas e breves pero, sobre todo, moi suxestivas e gozosas.Ler para xogar. Fedellar pensamentos para atopar solucións.