XESTEIRAJ, J.A. / XESTEIRA PAZOS, JOSÉ ÁNGEL
Tres amigas cumprirán a derradeira vontade dunha compañeira: dar finás súas cinzas alí onde aquel cuarteto simétrico disfrutara asmellores tardes. Unha recén casada acudirá a unha adiviñadora paracoñecer noticias certas do seu home, tripulante dun barcodesaparecido. Un humilde albanel parisino relata á policía oderradeiro paseo en carreta da muller do pintor Modigliani. Oscadáveres de dous vellos Laurinda e Francisco, aparecen comunicados,cousa que en vida rara vez ocorrera. Un transportista realizará unhalonga viaxe de volta acompañado do cadáver dun seu amigo. Unempresario falece no cuarto dun motel, suceso que tentará agachar odono do establecemento que contará coa comprensión da propia muller do finado. Un suicida inconsistente converterase en Noiteboa no autor de tres asasinatos en cadea. As cinzas dun emigrante arxentino, que seresistira a desaparecer en vida, perderanse nos labirintos dalgúnaeroporto. Faneca Brava deixa mandado que se lle faga un enterroviquingo: debe ser levado na súa chalana fóra da ría e alí plantarllelume. O Moañés fai prometer aos seus compañeiros de tripulación que se morre embarcado en Terranova, levarano a enterrar á súa parroquia.Guillerme, décimo duque de Aquitania, peregrina, baixo o nome deGaiferos de Mormaltán, coa intención de descubrir o que pensa é unhafalsidade que atenta contra toda lóxica.Tódolos relatos reunidos enAcompáñoo no sentimento abordan con desenfadada ironía e humorretranqueiro diversas formas de facerlle fronte ao momentoinmediatamente posterior á morte, ese tempo de ninguén onde a vida non ten onde agarrarse e os mortos aínda non forman parte da nosamemoria. Dotado dunha inusual contundencia narrativa, o autor demostra que o fascinio por contar é o que mellor diferencia ós seres humanosde calquera outros seres vivos.